header image

Free Magenta!

Un día histórico para o audiovisual galego

Non sei se o título pode parecer un pouco pretensioso, pero é certo. Hoxe comezaron a emitir pola TDT as dúas primeiras televisións locais de Galiza: as de Compostela, Correo TV e Localia, aínda que creo que non o saben en ningunha das dúas, porque non o anunciaron nin nada. O caso é que, aínda que a calidade de imaxe é cutre a máis non poder, o audio tamén (Localia só sae pola canle esquerda), non teñen guía de programación e todo iso, é un paso importante de cara ao apagón analóxico, para o que só falta un ano de nada. Pois iso, que velaí unhas capturas, e un saúdo a Vanessa Grela, compañeira de facultade, e a Sara García, con quen compartín esperpentos xa sabe onde :D

Localia Santiago en TDT
Correo TV Santiago en TDT

Ah, outra cousa: que se supón que a súa lingua vehicular será o galego, pero a canle de audio vén marcada como “esp”. Iso xa se irá amañando co tempo… Até o 30 de xuño de 2009.

Actualización: Ben, polo que vexo, en Localia si que o saben:

Localia no MUX 23 da TDT

Que será, será?

Parafraseando o xa viejuno blog Catu?, que moita xente ignora absolutamente que existiu, porque daquela aínda usaba cueiros e tal, e para animar a participación da -escasa- audiencia, fago este divertidísimo e interesante concurso, aínda que non tanto como os que fai Ghanito -dende aquí un saúdo moi afectuoso para el, que está vivindo eses momentos de tensión-:
De quen é este computador?
Computador de...

Meme de memes

Chegouvos algunha vez un meme? Esa especie de versión blogueira dos correos en cadea, que vos obrigan a contestar a preguntas máis ou menos absurdas e ademais a contaxiarlles a proba a un certo número de persoas? Pois é ben sabido, e xa o teño dito máis dunha vez, que non me gustan este tipo de cousas, por moito que ao final os acabe facendo, pero ao meu xeito, claro. Así que inventei uns cantos memes novos para que vos vaiades entretendo. Non llos envío a ninguén en concreto, e poño como condición que non me volvan a min. :D

  • Os cinco memes que máis odias
  • Os cinco memes máis estúpidos que recibiches
  • As cinco cousas que poderías ter feito se non perdeses o tempo cos memes
  • Os cinco memes que só lle pasarías á xente que che cae mal
  • As túas cinco imitacións favoritas de Muchachada Nui
  • Os cinco medios de comunicación ultradereitistas que máis reafirman as túas ideas
  • As cinco peores chuzadas da historia
  • Os cinco trolls sen os que non poderías vivir
  • Os cinco deportes que máis odias

Naturalmente, pódese substituír o número cinco por calquera outro. Boa sorte e que vos divirtades. :D
Meme
(Imaxe sacada dunha web do Principado de Asturias)

SIVER PENDEJOS

Eu, como moitos outros blogueiros deste país -dou fe-, recibín non hai moito tempo un convite anónimo para participar nunha xuntanza que vai ter lugar o 31 de maio en Agolada. Lamentabelmente, esa fin de semana non vou estar dispoñíbel para ningún tipo de actividade social, a pesar da chea de actos programados. Outra vez será, ou non -é que ultimamente estou moi asocial.

Xuntanza Agolada

Proba superada

Hai un millón de persoas, ademais de min, que non gustamos demasiado de George W. Bush. Polo menos, neste grupo de Facebook.

E seguro que hai moita xente de Modesto.

Facebook George Bush

Despelote blogueiro

Aínda que é ben sabido que non me gustan os memes, agora son o responsábel indirecto de que naza un novo, que, de seguro, animará un pouco a blogomorgue. Pero, para que logo non digan que non cumpro cos que me mandan, fágoo agora, esquematicamente:

Non me sinto defraudado por ningún regalo/agasallo dos que me fixeron porque todos, por riba do seu valor material ou do seu interese para o agasallado, están feitos coa mellor intención por parte da persoa que os fai, así que me produciría unha grande incomodidade desprezar tal sinal de gratitude.

P.D.: Ía poñer unha imaxe para ilustrar esta entrada mirando por “despelote” nos buscadores de imaxe, pero, visto o que hai, paso. :D

Pavadas

Oh I come from a nation what knows how to write a song
Oh Europe where oh where did it all go wrong
C’mon, Irelande douze pointe

Drag acts and bad acts and Terry Wogan’s wig
Mad acts and sad acts, it was Johnny Logan’s gig

Shake your feathers and bop your beak
Shake ‘em to the west and to the east
Wave Euro hands and Euro feet
Wave ‘em in the air to the turkey beat
Irelande douze pointe! Irelande douze pointe!
Irelande douze pointe! To the funky beat

G-o-b gobble b-l-e yeah
Hello Abba, hello Bono, hello Helsinki,
Hola Prague, hello sailor, c’est la vie,
Auf wiedersehen, mamma mia and God save the Queen
G’day Austria, bonjour Serbia, you know what I mean

Shake your feathers and bop your beak
Shake ‘em to the west and to the east
Wave Euro hands and Euro feet
Wave ‘em in the air to the funky beat
Irelande douze pointe! Irelande douze pointe!
Irelande douze pointe! Irelande douze pointe!
Irelande douze pointe! Irelande douze pointe!
To the funky beat

Give us another chance, we’re sorry for Riverdance
Sure Flatley he’s a Yank and the Danube flows through France
Block votes! Shock votes! Give us your 12 today
You’re all invited to Dublin, Ireland
And we’ll party the shamrock way

Irelande douze pointe! Irelande douze pointe! I
relande douze pointe! Irelande douze pointe!
Irelande douze pointe! Irelande douze pointe!
Irelande douze pointe! Do the funky beat c’mon
Irelande douze pointe! Irelande douze pointe!

Eastern Europe we love you do you like Irish stew?
Or goulash as it is to you, Irelande douze pointe
Yes it’s Bulgaria we love you Belarus, Georgia,
Montenegro, Moldova, Albania, Croatia, Poland,
Russia, Ukraine, Macedonia, don’t forget Turkey,
Hungary, Estonia, Slovakia, Armenia, Bosnia & Herzegovina
and don’t forget the Swiss….. Cheese

Bad Behavior has blocked 489 access attempts in the last 7 days.

Pechar
E-mail It